Friday 17 de May de 2024

Melendi, Morad e Carlos Sadness súmanse ao cartel do Morriña Fest, que se celebrará no Porto os días 28 e 29 de xullo


Estes tres artistas súmanse a Bizarrap, Nicky Jam, Jason Derulo ou Two Door Cinema Club

Nos vindeiros días anunciarase o cartel por días e sairán á venda as entradas para cada unha das dúas xornadas

Melendi, Morad e Carlos Sadness únense ao cartel da segunda edición do Morriña Fest na cidade. O evento, que conta coa colaboración do Concello e o Consorcio de Turismo, presentará nos vindeiros días o seu cartel por días e porá á venda as entradas para cada unha das xornadas.

O Morriña Fest chega este ano aos peiraos de Calvo Sotelo e Batería tras o seu exitoso paso polo estadio municipal de Riazor, a onde asistiron máis de 50.000 persoas. O festival celebrarase o venres 28 e o sábado 29 de xullo nun espazo simbólico para a cidadanía pola súa apertura para diversos usos.

Coa incorporación destes tres artistas o Morriña Fest suma novos estilos ao seu cartel,contando cunha das grandes estrelas da música a nivel nacional como Melendi, un dos fenómenos da música urbana como Morad e un referente do pop como Carlos Sadness.

Acompañarán a Nicky Jam, Jason Derulo, Bizarrap ou Two Door Cinema Club.
A venda de abonos para as dúas xornadas do festival continúa aberta, e xa se superou o 75% da capacidade do recinto. O Concello tamén realizará no Porto da Coruña o ciclo de concertos Coruña Sounds, que contará con Scorpions (13 de xullo), Rubén Blades (20 de xullo), Marea (22 de xullo) e ZAZ (31 de xullo).